Cookies help us deliver and optimize our services. By continuing to use our services, you agree to our cookie policy.

Carballiño-Anllo-S.Clodio-Cenlle-S.Amaro-Montes-AsCaldas 43.3 km Mountain Biking

01:26:53

Estimated Duration

5.89 km/h

Avg. Speed

2

Athletes

5

Activities

Location

-

Elevation

1074 m/1078 m

Estimated Calories burned

684 kcal

Description

Fermosa e dura (non podía ser de outro modo) ruta, con moito sube/baixa e varios puntos que se prestan a parar e sacar unhas fotos... De O Carballiño saímos aproveitando parte do trazado do Camiño dos Arrieiros ata chegar ó área recreativa do Porto de Eguas. Nese punto, collemos fermosos carreiros ata chegar á aldea da Cruz (Anllo). Sen deixar os camiños, pero agora xa mais anchos, imos baixando cara ó ribeiro, por unhas pistas forestais que nos regalan fermosas instantáneas. O único punto de referencia será a Capela de San Roque, recén reformada, e dende a que vemos por vez prim...

Read more.

Fermosa e dura (non podía ser de outro modo) ruta, con moito sube/baixa e varios puntos que se prestan a parar e sacar unhas fotos... De O Carballiño saímos aproveitando parte do trazado do Camiño dos Arrieiros ata chegar ó área recreativa do Porto de Eguas. Nese punto, collemos fermosos carreiros ata chegar á aldea da Cruz (Anllo). Sen deixar os camiños, pero agora xa mais anchos, imos baixando cara ó ribeiro, por unhas pistas forestais que nos regalan fermosas instantáneas. O único punto de referencia será a Capela de San Roque, recén reformada, e dende a que vemos por vez primeira os sinais da Ruta do Ribeiro, unha rede de sendeiros sinalizados por toda a comarca. Seguemos esas sinais, e collemos unha baixada rápida e fermosa entre piñeiros e mimosas que engade un punto técnico coa presenza de 4 rampas polas que podemos facer uns bos saltiños. Sen pedalear mais que para coller impulso, chegamos ó mosteiro de San Clodio, que bordeamos pola súa parte traseira, buscando vías pouco empregadas. Deixamos este cenobio por asfalto ata chegar a Viña Mein, punto no que -seguendo as sinais do Ribeiro- aparta un camiño precioso e cheo de auga no inverno, anque perfectamente ciclable, que nos deixa na aldea de Cuñas. Saíndo da aldea deixamos o percorrido "oficial" para facer un desvío por un sendeiro dos ancestrais primeiro e, xa de volta no camiño do Avia, coller unha super petada (agónica!) que nos deixa a tiro de pedra da aldea de Pazos Hermos, onde facemos un tramo de descenso por unha baixante de auga empedrada moi fermosa. De novo á altura do Avia, rodamos pola súa beira ata desviarnos para chegar a Esposende, onde comenzamos a subir sen deixar as marcas das rutas do Ribeiro. Pero, a dous quilómetros da localidade, deixamos o percorrido sinalizado para acometer a subida por unha pista que leva unha pendente moderada e nos regala fermosas postais do val. Dous quilómetros mais tarde chegamos ó cume; neste punto collemos unha estrada secundaria pola que nos deixamos caer para chegar á aldea de A Pena, na que paramos para admirar a espléndida vista do Miño. Deixamos atrás a aldea e, primeiro por estrada e logo por carreiros, chegamos a Cenlle, localidade pola que deambulamos por un vial moi tranquilo e que morre na plaza da fonte. Collemos auga e enfilamos por uns camiños asfaltados que van dar ó comunal, que fai que subamos a velocidade media e disfrutemos de mais vistas fermosas, neste caso do Trocado. A pista do comunal remata na aldea de Cima de Vila, que atravesamos para desviarnos por un carreiro que nos leva a Figueiredo, onde podemos atopar nha casa de turismo rural. Uns metros de asfalto nos achegan a Ventoselo, onde está o tempo budista, e punto no que arrinca un fermoso carreiro que nos achega a San Amaro. Dende San Amaro collemos a estrada de Sandulces, pero de seguida apartamos por un camiño polo que discurrimos cara a Montes, e que nos regala bonitas vista de O Carballiño. De Montes baixamos a Grixoa, O Marco e Aguisar polo xa coñecido camiño. Cruzamos o regato de Varille pola ponte das poldras, onde ainda quedan restos dun muiño, e tomamos o trazado da ruta dos arrieiros que nos leva a As Caldas. Dende esta localidade discurrimos por pistas que xa nos deixan en O Carballiño.

Ratings (0)

Average rating

Rating details

0
0
0
0
0

Tags

no tags

Marker

Elevation

Colored traces

  • Off
  • Elevation
  • Grade
100m 1200m

Fun facts of this route

100 0

Gender distribution in %

39

Avg. age

Wednesday

Top day

5.89 km/h

Avg. speed

120

Avg. heart rate

Fastest time

00:00:20

Male

-

Female

Last active users

Have a closer look at the elevation and grade of this Route and enjoy many more additional features.

Get Premium Now

See a 3 day weather forecast and enjoy many more additional features.

Get Premium Now

Flag unlimited routes (also synced with your Runtastic app) and enjoy many more additional features.

Get Premium Now
Choose your language