Cookies help us deliver and optimize our services. By continuing to use our services, you agree to our cookie policy.

I Ruta BTT Os do Monte Bravo 2013 38.32 km Mountain Biking

02:42:48

Estimated Duration

-

Avg. Speed

0

Athletes

0

Activities

Location

-

Elevation

868 m/868 m

Estimated Calories burned

2090 kcal

Description

Esta ruta, na que se pretenden xuntar arredor duns 250 ciclistas e cun percorrido de 40kilometros , partirá do pavillón polideportivo municipal de Calo e transcorrerá por camiños dos montes do Concello de Teo, circulando so o estrictamente necesario por vías asfaltadas, utilizándoas só en cruces ou pequenos tramos de enlace. A rúta constará duns 40 km cunha dificultade media/alta. A ruta partirá dende o pavillón polideportivo pasando pola Igrexa de Calo, adentrarase na aldea de Cesar e xa polo monte dirixirase a zona en donde se encontra o peaxe da AP-9, para posteriormente acometer un t...

Read more.

Esta ruta, na que se pretenden xuntar arredor duns 250 ciclistas e cun percorrido de 40kilometros , partirá do pavillón polideportivo municipal de Calo e transcorrerá por camiños dos montes do Concello de Teo, circulando so o estrictamente necesario por vías asfaltadas, utilizándoas só en cruces ou pequenos tramos de enlace. A rúta constará duns 40 km cunha dificultade media/alta. A ruta partirá dende o pavillón polideportivo pasando pola Igrexa de Calo, adentrarase na aldea de Cesar e xa polo monte dirixirase a zona en donde se encontra o peaxe da AP-9, para posteriormente acometer un tramo pola beira do rio Tella, na zona de Recesende. Posteriormente dirixirase polo roteiro de Sestelo cara dito lugar, pasando logo a carón do cemiterio de Rarís e tras cruzar a carretera que une Luou con Pontevea, subirá a Lampay pasando polo monte Piquiño. De Lampay acometerase a subida o Monte Meda, tras baixar este subirase polas ladeiras do monte da Pena de Lampay, baixando posteriormente por Beitureira ata Bascuas, cruzando dende alí por Cornide, Mouromorto e finalizar novamente no pavillón de saída. Esta ruta destaca pola súa beleza paisaxística que presenta en toda a súa extensión e por discurrir por camiños e sendeiros que en algúns dos casos foron xa acondicionados e desbrozados polos membros do clube, contribuindo así a recuperación e posta en valor destes trazados xa olvidados. Esta ruta non está pensada como unha competición, senon como un paseo entre amigos polo cal en calquera medio de comunicación na que se anuncie, levará sempre a característica: "Ruta non federada e non competitiva". Durante o percorrido estableceranse duas zonas de avituallamento, un líquido e outro líquido-sólido, onde os participantes poderán parar a refrixerarse e a coller folgos para retomar a ruta. Todo o percorrido estará perfectamente sinalizado e contaremos con socios e colaboradores que axudarán nos cruces de camiños para evitar así algún tipo de pérdida, ademáis contaremos con quads e motos de monte que guiarán e prestarán apoio os participantes durante todo o percorrido. Tamén cabe salientar que unha vez rematada a proba os membros da asociación farán unha volta de recoñecemento ao circuito amañando calquera posible desperfecto, recollendo a sinalización da ruta e o lixo que poidera xerarse durante a celebración da mesma, deixando o monte en perfectas condicións. A celebración da ruta contará asimesmo con un seguro de accidentes e outro de responsabilidade civil para posibles incidentes que poidan ocasionarse e tamén disporá dunha ambulancia, que no caso de accidente realizarían as primeiras medidas in-situ e logo trasladarían, se fora o caso ó accidentado a un complexo hospitalario de Santiago de Compostela. Unha vez finalizada a ruta servirase no Pavillón polideportivo de Calo uns pequenos “pinchos” para que os participantes repoñan forzas tras o esforzo realizado.

Ratings (0)

Average rating

Rating details

0
0
0
0
0

Tags

Trail

Exercise

Undulating

Less Frequented

Accessible

Trail

Exercise

Undulating

Less Frequented

Accessible